Tirán pasa el examen

Ago 19, 2019 | Noticias, Traineras

[:es]

Penúltima jornada puntuable en la primera categoría de la Liga Galega de Traineras y, como es habitual, se vivió una prueba de extraordinaria igualdad en el campo de regatas moañés de Meira. El club de Samertolameu, ante su público, igualó la mejor actuación del año y terminó en la segunda plaza por detrás de Ares, que incrementa la renta en el liderato de la competición con una nueva victoria.
No obstante, la principal lucha estaba ayer entre Tirán Pereira y Mecos. La «Mar do Con» y la «Mequiña» buscan la segunda posición, que permite disputar la promoción de ascenso a la Liga ACT y el tercer puesto para el barco de Benjamín Álvarez ‘Benji’ fue ayer toda una azaña y un paso adelante en sus aspiraciones debido a que cerró la jornada con dos puntos de renta sobre su rival.
El día comezó con viento del norte y con un sorteo de balizas duro para Tirán porque tenía que remar por la cuarta calle, mientres que su principal rival, Mecos, navegaba por el primero. Una situación favorable para los grovenses porque con estas condiciones meteorológicas el muelle de Meira disminuye el viento durante muchos metros del campo de regatas, mientras que en la parte exterior es donde corre el aire sin obstáculos y allí se levanta más ola. En este contexto de regata, Ares mandó desde el primer largo, con esa renta siempre favorable pero corta de cuatro o cinco segundos sobre sus rivales. Por su banda, en el ecuador de la regata, Samertolameu, Tirán e Mecos giraron en el mesmo segundo, pero los locales deshicieron la igualdad en el tercer largo.
Con la «Terca» camino de la segunda posición, quedaba por dirimir la lucha entre Tirán y Mecos, que fue favorable a la embarcación de o Con por menos de un segundo. Una margen estrecha, pero que permite al club moañés llegar a la última jornada del sábado con dos puntos de renta sobre el barco grovense. Deberá evitar una descalificación y meterse en la primera jornada del Teresa Herrera en uno de los tres primeros puestos o, en su defecto, clasificarse una plaza por detrás de Mecos.
En lo referente a la jornada de ayer, Ares obtuvo una nueva victoria tras mandar con autoridad desde el comienzo, aunque tuvo que apretar más de la cuenta en el último largo de la prueba ante la velocidad de Samertolameu.
En todo caso, la competición tiene un ojo puesto en la justicia porque Samertolameu y Tirán anunciaron que recurrirán la asamblea que decretó a regata de Ares como no puntuable, lo que favorece a la trainera de Ferrolterra.

[:gl]

Penúltima xornada puntuable na primeira categoría da Liga Galega de Traiñeiras e, como é habitual, viviuse unha proba de extraordinaria igualdade no campo de regatas moañés de Meira. O club de Samertolameu, ante o seu público, igualou a mellor actuación do ano e rematou na segunda praza por detrás de Ares, que incrementa a renda no liderado da competición cunha nova vitoria.
Non obstante, a principal loita estaba onte entre Tirán Pereira e Mecos. A «Mar do Con» e a «Mequiña» buscan a segunda posición, que permite disputar a promoción de ascenso á Liga ACT e o terceiro posto para o barco de Benjamín Álvarez ‘Benji’ foi onte toda unha fazaña e un paso adiante nas súas aspiracións debido a que pechou a xornada con dous puntos de renda sobre o seu rival.
O día comezou con vento do norte e cun sorteo de balizas duro para Tirán porque tiña que vogar polo cuarto carreiro, mentres que o seu principal rival, Mecos, navegaba polo primeiro. Unha situación favorable para os grovenses porque con estas condicións meteorolóxicas o peirao de Meira aminora o vento durante moitos metros do campo de regatas, mentres que na parte exterior e onde corre o aire sen obstáculos e alí levántase máis onda. Neste contexto de regata, Ares mandou dende o primeiro longo, con esa renda sempre favorable pero curta de catro ou cinco segundos sobre os seus rivais. Pola súa banda, no ecuador da regata, Samertolameu, Tirán e Mecos viraron no mesmo segundo, pero os locais desfixeron a igualdade no terceiro longo.
Coa «Terca» camiño da segunda posición, quedaba por dirimir a loita entre Tirán e Mecos, que foi favorable á embarcación do Con por menos dun segundo. Unha marxe estreita, pero que permite ó club moañés chegar á última xornada do sábado con dous puntos de renda sobre o barco grovense. Deberá evitar unha descalificación e meterse na primeira xornada do Teresa Herrera nun dos tres primeiros postos ou, no seu defecto, clasificarse unha única praza por detrás de Mecos.
No referente á xornada de onte, Ares obtivo unha nova vitoria tras mandar con autoridade dende o comezo, aínda que tivo que apertar máis da conta no último rego da proba ante a velocidade de Samertolameu.
En todo caso, a competición ten un ollo posto na xustiza porque Samertolameu e Tirán anunciaron que recurrirán a asamblea que decretou a regata de Ares como non puntuable, o que favorece á traiñeira de Ferrolterra.

[:]