Tirán se hace con el Título Gallego

Ago 25, 2020 | Noticias

Finalmente, a S.D. Tirán Pereira logrou o título da Liga galega en categoría masculina e co subcampeonato en categoría femenina, completando así unha magnífica xornada dominical na Pobra.

Este domingo nas augas da Pobra disputouse a última e decisiva xornada da Liga Galega de Traiñas, tanto en categoría masculina como femenina. A tripulación masculina da S.D. Tirán adestrada por Benji, levouse finalmente o gato a auga, conseguindo un meritorio triunfo sobre a S.D Samertolomeu que entrou en meta a casi 10 segundos, nunha regata domiñada de principio a fin pola S.D Tirán, resarcíndose así da derrota sufrida o día anterior nas mesmas augas. Un triunfo nada sinxelo xa que nos primeiros largos a diferencia entre ambas embarcacións foi de apenas un par de segundos.

A tripulación femenina da S.D. Tirán, adestrada por Jacobo, completou tamén unha magnífica regata, competiendo en todo momento coa embarcación de Cabo de Cruz, a postre gañadora da proba e tamén da Liga Galega, a cal foi domiñada de principio a fin salvo na regata de Meira na que foi vencida pola S.D. Tirán. As nosas rapazas logran así un valiosísimo subcampeonato, demostrando a súa progresión e o seu bo facer diario.

Agora ambas embarcacións preparan a súa participación na Clasificatoria da Concha sin renunciar a nada.

ESP | GAL